publicidade hoxe

Dúas persoas detidas por danos nun caixeiro en Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da área de investigación da Garda Civil de Carballo (A Coruña) detiveron a J.A.M.P. e S.R.R , nados e veciños dese municipio coruñés, como presuntos autores dun delito de danos causados nun caixeiro.

Segundo informou este martes o Instituto Armado, os autores dos feitos “emprenderon a patadas e puñadas contra a cámara, pantalla e porta de acceso dun caixeiro” da sucursal do banco BBVA situado na rúa Desiderio Varela de Carballo.

Os feitos sucederon o pasado 7 de maio sobre a 1,00 horas. Unha vez visionadas as cámaras de seguridade por parte da Garda Civil, foron identificados “plenamente” e detidos os presuntos autores.

Os dous individuos foron postos a disposición xudicial no xulgado de garda de Carballo, tras o que quedaron en liberdade con cargos, segundo indicaron as mesmas fontes.

24 de maio de 2016 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.