Diego Calvo reúnese co novo Xefe Superior da Policía en Galicia

Diego Calvo na reunión co Xefe Superior da Policía en Galicia
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, reuniuse hoxe co novo Xefe Superior da Policía en Galicia, Manuel Vázquez López. A reunión celebrouse no edificio administrativo da Xunta na Coruña e enmárcase dentro da rolda de visitas institucionais que está a realizar Manuel Vázquez desde a súa toma de posesión no cargo, o pasado 4 de abril.











