Diego Calvo defende que a moción de Santa Comba pretende dar un paso adiante ante a súa parálise

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

O presidente provincial do PP da Coruña, Diego Calvo, asegurou que a moción de censura presentada polos concelleiros do PP e de Terra Galega en Santa Comba busca dar un “paso adiante” ante a situación de “parálise” do municipio.

“No caso de Santa Camba, que coñeza o Concello e os últimos resultados sabe que os integrantes de Terra Galega son antigos integrantes do Partido Popular, que sempre houbo unha simbiose, unha coincidencia moi importante,” explicou, en declaracións aos xornalistas, na Coruña.

Calvo recoñeceu que, aínda que nas últimas eleccións “en principio deixouse gobernar ao Partido Socialista”, agora se está a dar “un paso” por Santa Camba, porque “estaba paralizada nos últimos meses dende que o alcalde destituíu os tres edís que eran de Tega”.

“Agora o que estamos a facer é dar un paso adiante toda a xente que foi do Partido Popular, xente de centroderecha que quere sacar ao seu pobo da situación de parálise á que estaba sometido”, subliñou.

13 de maio de 2016 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.