Deteñen a dous irmáns dun clan xitano polo tiroteo no CHUO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseSucesos
A-
A+
Europa Press

Dous irmáns dun clan xitano foron detidos este luns debido á liorta rexistrada na noite do domingo no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) con dous feridos leves e a Policía Nacional busca o pai de ambos os dous para arrestalo tamén.

Así o confirmaron fontes policiais, que explicaron que os dous irmáns detidos foron trasladados á Comisaría Provincial de Ourense, onde permanecen á espera de pasar a disposición xudicial nas próximas horas.

A Policía Nacional ten previsto arrestar tamén ao pai de ambos os dous detidos polos mesmos feitos sucedidos sobre as 23,30 horas no Hospital de Ourense.

As mesmas fontes policiais consultadas explicaron que os feitos se deberon á rivalidade dende hai ano que hai no seo da familia, á que pertencen todos os implicados na liorta.

FEITOS

O tiroteo tivo lugar sobre as 23,30 horas deste domingo no hall de entrada principal do hospital, onde ademais se produciron danos a causa do impacto das balas.

Na liorta víronse implicadas polo menos sete persoas, todas elas de etnia xitana. Os servizos de emerxencias apuntan a unha disputa familiar como orixe do tiroteo, que se produciu tras un enfrontamento.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Nacional, que investigan os feitos. Os feridos foron atendidos no centro hospitalario con lesións por disparo, aínda que recibiron a alta ás poucas horas.

16 de maio de 2016 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.