publicidade hoxe

Deputación de Lugo e Concello de Sarria relanzan a feira de San Isidro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoSarria
A-
A+
Presentación da mostra gandeira

Presentación da mostra gandeira

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Sarria, Pilar López xunto con membros da organización, presentaron este martes os actos con motivo da XXVII Mostra Gandeira San Isidro Labrador de Sarria, que terán lugar os días 7 e 8 de maio. Trátase dunha tradicional feira gandeira na que se pode comprar gando, maquinaria agrícola, artesanía ou desfrutar da gastronomía. Nesta cita participan mais de 20 gandeirias.

Darío Campos sinalou que o ente provincial “colabora con todos os eventos e celebracións que axuden a impulsar e promover o sector primario da provincia e poñan en valor as nosas comarcas e as nosas tradicións. Esta feira volve a celebrarse catro anos despois, tralo empeño dun Concello que apostou por loitar polas nosas tradicións e por promover eventos que axudan desenvolver a economía local e impulsar o turismo”.

Campos Conde lembrou ademais que a Deputación vai a poñer en funcionamento en breve o primeiro Centro de Recría de ganado vacún público de España, para o cal hai unha partida de 525.000 euros e que xerará 20 empregos. E emprazou a todas administracións a defender o sector primario galego.

A Alcaldesa de Sarria, Pilar López agradeceu o apoio e a colaboración do ente provincial. “Dende que asumín a Alcaldía unha das miñas promesas foi relanzar e recuperar a feira gandeira de San Isidro, porque sei da importancia de recuperar as nosas tradicións, e esta festa para os sarriáns era unha delas. Desde o ano 2002 non se celebra o San Isidro, e este ano volvemos a retomar esta cita gandeira vital para unha Comarca como Sarria”. Pilar López agradeceu o traballo e a colaboración de Acruga e Africor por colaborar co Concello de Sarria para o desenvolvemento desta feira gandeira.

As asociacións gandeiras, Acruga e Africor, agradeceron o traballo do Concello de Sarria e a Deputación de Lugo no impulso deste evento.

Espectáculo ecuestre

A xornada gandeira comeza o sábado o 7 de maio ás 16:00 horas coa poxa de gando vacún de leite que organiza Africor, e as seis da tarde, o mercado gandeiro acollerá unha espectacular exhibición ecuestre de cabalo galego que dirixe Xacobe Pérez. Este espectáculo conta coa participación de 10 cabalos de pura raza galega que nestes momentos se atopan en perigo de extinción.

Sorteo de novillas

O domingo día 8 de maio, trala inauguración da Mostra e a recepción de autoridades no Concello, haberá misa e procesión na Igrexa de Santa Marina. A Deputación tamén colabora co sorteo de tres novillas, unha rubia e outra frisona. Os visitantes tamén poderán desfrutar de exposicións de artesanía e alimentación.

25 expositores

Paralelamente a celebración da Mostra, instalarase unha carpa no mercado gandeiro, na que haberá máis de 25 expositores con maquinaria agrícola, produtos artesanais e de alimentación. A clausura desta xornada gandeira será as sete e media da tarde.

3 de maio de 2016 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.