Darío Campos nega risco de escisión no PSdeG tras as primarias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Europa Press

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, negou este luns que exista risco de escisión no PSdeG tras os resultados das primarias nas que foi elixido como candidato á Xunta Xoaquín Fernández Leiceaga.

Ao respecto, destacou que “Leiceaga dixo dende o principio que a súa posición é integradora” e que vai buscar a integración e o consenso” entre todos”. “Non ten por que haber escisión, senón o contrario”, deixou claro. Así, animou “a sumar todos e a cambiar as políticas que leva cabo Feijoo”.

Ante o chamamento do candidato á Xunta a Abel Caballero para que respecte a súa autonomía de decisión, o presidente provincial de Lugo volveu apelar “á unidade”. “É o que nos interesa a todos porque é a única forma de conseguir os éxitos que pretendemos, con unidade e traballo na mesma dirección,” agregou.

Nesta liña, Campos puxo en valor que quen gañou “foi o Partido Socialista, e os militantes elixiron ese candidato”. “Xa dixemos que gañase quen gañase iamos a estar detrás para gañar as próximas eleccións á Xunta, que é o que nos interesa a todos os socialistas de Galicia,”, resolveu.

30 de maio de 2016 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.