publicidade hoxe

Darío Campos mantén un encontro con estudantes do I.E.S de Becerreá, gañadores do Parlamento Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáLugo
A-
A+
Darío Campos no encontro con estudantes do IES de Becerreá

Darío Campos no encontro con estudantes do IES de Becerreá

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, mantivo este mércores un encontro cos mozos e mozas de Bacharelato e E.S.O. do I.E.S. de Becerreá, gañadores do certame Parlamento Xove, unha competición de debate que busca fomentar o uso oratoria entre os máis mozos.

Campos Conde subliñou que “é un orgullo para min, como Presidente de todos os lucenses, compartir hoxe uns minutos con vós, para darvos a miña máis sentida noraboa tanto aos gañadores, coma aos finalistas do certame Parlamento Xove, por que vós estades a crear historia na nosa provincia”.

O Presidente destacou a “grande capacidade de traballo e sacrificio que implica participar nun certame destas características, no que se tratou un tema de especial dificultade: o machismo adolescente”. Campos Conde puxo en valor tamén “a tradición que estades a crear os mozos de Becerreá de participar en eventos coma este, primeiramente no I.E.S do voso Concello, pero seguro que tamén doutros centros lucenses”.

Parlamento Xove 2016

No Parlamento Xove 2016 participaron un total de 47 equipos de 39 centros educativos de toda a xeografía galega. Á fase final, pasaron 16 equipos de 12 centros, chegando a participar 235 persoas, entre alumnos e profesores. O equipo do IES de Becerreá I, converteuse en gañador nesta sétima edición tanto na categoría de Bacharelato, como na modalidade de ESO. Ademais, un dos subcampeóns da categoría de E.S.O. é outro equipo do instituto deste concello da montaña lucense. Os equipos gañadores recibiron de premio un viaxe valorado en 5.000 euros no caso de Bacharelato, e 3.000 na E.S.O.

4 de maio de 2016 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.