publicidade hoxe

Cores Tourís visitou o polígono de Merlín en Agolada para anunciar obras de mellora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAgolada
A-
A+
Cores Tourís na visita ao polígono de Merlín

Cores Tourís na visita ao polígono de Merlín

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o polígono empresarial de Merlín en Agolada, co obxectivo de anunciar a posta en marcha de obras de mellora neste área industrial.

Na visita estivo acompañado do alcalde da localidade, Ramiro Varela, así como do xefe territorial de Economía, Ignacio Rial.

Deste xeito, Cores Tourís destacou a labor da Consellería de Economía, Emprego e Industria que acaba de aprobar apoios por preto de 5 millóns de euros para os concellos galegos cos cales se desenvolverán melloras en 46 parques empresariais de toda Galicia, 10 deles na provincia de Pontevedra, onde se investirán case un millón de euros”.

Mediante a convocatoria destas axudas para a habilitación e mellora de infraestruturas, concédense apoios cos que se impulsarán 58 proxectos en 46 parques empresariais galegos. “Na nosa provincia executaranse 12 proxectos, véndose beneficiados 10 concellos: Cambados, Ribadumia, Campo Lameiro, O Porriño, A Cañiza, Silleda, Tui, A Lama, Agolada e Forcarei”, explicou Cores Tourís, quen matizou que grazas a estas obras “mellórase así o servizo que se presta ás compañías xa instaladas ao tempo que se impulsa a chegada de novas iniciativas con capacidade para xerar riqueza e emprego”.

“Preto do 47% dos proxectos apoiados mediante esta liña se centra nas vías de acceso, e de feito, no polígono de Merlín en Agolada, levaranse a cabo obras reasfaltado do vial e rúa principal co obxecto de dotarlle de maior seguridade viaria, debido ao deterioro que presentaba”, engadiu o delegado territorial. Tamén asfaltaranse os viais que conectan coa ampliación do polígono, dotándoos das mesmas características técnicas que permiten o tránsito pesado no resto de vías, dado que, actualmente, só ten unha sub-base irregular en mal estado a cal conecta polo suroeste cunha estrada municipal.

Durante a visita, o alcalde de Agolada agradeceu a colaboración da Xunta para a mellora deste polígono empresarial, destacando que en estas obras investiranse case 120.000 euros, dos cales o 80%, é dicir, 90.000 serán aportados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

31 de maio de 2016 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.