Carmela Silva asina o convenio de colaboración coa Sociedade Gimnástica de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o presidente da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Ramón Touza, asinaron esta mañana o convenio de colaboración para o fomento do deporte pola que a institución provincial aporta 25.000 euros.

Carmela Silva destacou que era unha honra colaborar coa institución deportiva más antiga da cidade e ademais nun deporte, como é o atletismo, con pouca presenza mediática apesares da súa importancia. De feito, a Presidenta da Deputación destacou que a Gimnástica conta co seu equipo masculina na división de honra e o feminino na segunda división nacional.

A Presidenta agradeceu a Ramón Touza a laboura que desenvolve ao fronte da institución deportiva e animouno a seguir traballando para conquerir que os 400 atletas con que conta na actualidade sigan medrando.

Esta convenio enmarcase dentro da política da Nova Deputación de apoio os equipos de toda a provincia que xogan nas ligas nacionais das principais disciplinas deportivas. Para esta tempada a Deputación destina case que 700.000 euros para o apoio a estes equipos principais.

A Deputación de Pontevedra xa ten firmado nos últimos meses convenios similares coa Fundación Celta de Vigo; Pontevedra Club de Fútbol; Sociedade Deportiva Teucro; Coruxo Fútbol Club; Club Balonmán Cangas; Club Balonmán Porriño; Club Ciclista Froiz ou o Atlético Guardés.

3 de maio de 2016 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.