Belén do Campo reúnese cos empresarios do Barbanza

Belén do Campo na reunión cos empresarios do Barbanza
A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, reuniuse esta mañá con responsables da Federación de Empresarios do Barbanza (FEB). A xuntanza serviu para avanzar na colaboración entra a Consellería do Medio Rural e a FEB para facer promoción dos produtos agroalimentarios galegos con motivo da XXVIII Gran Gala Dolmen de Ouro, que organiza esta entidade e que terá lugar en setembro próximo en Dodro.
Esta cooperación centrarase na posible organización dunha semana temática sobre as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas de Galicia nos días previos á celebración da gala e a promoción directa dos produtos galegos de calidade a través dun espazo específico no marco deste evento.











