publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Beatriz Mato e o Concello de Valga selan a colaboración que permite a licitación das obras para o remate dun edificio administrativo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaValga
A-
A+
Beatriz Mato na sinatura do convenio co Concello de Valga. Foto: C. Paz

Beatriz Mato na sinatura do convenio co Concello de Valga. Foto: C. Paz

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio deu hoxe un paso máis na colaboración co Concello de Valga, que permitirá a licitación das obras para rematar un edificio administrativo neste municipio, por un importe de 160.000 euros. Isto será posible despois da sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Valga, rubricado esta mañá pola conselleira, Beatriz Mato, e o alcalde, José Mª Bello Maneiro.

Grazas a esta colaboración, rematarase a construción dun edificio administrativo para mellorar a prestación de servizos aos cidadáns. Cómpre recordar que o edificio que se pretende rematar foi obxecto dunha primeira intervención, na que se executaron obras de estrutura e cerramento da planta baixa.

Así, as obras que se levarán a cabo contempla a execución das obras de estrutura da planta primeira, o entramado, a cuberta, medianeira e o peche da primeira planta e o baixo cuberta.

A conselleira destacou a importancia desta actuación xa que prevé a reordenación dos usos e posta en valor deste espazos, facendo destes lugares puntos de encontro máis cómoos para os seus habitantes e aumentando as cotas de benestar dos veciños.

Tal e como se recolle no convenio, o Concello de Valga comprométese a obter os permisos, licencias e autorizacións, e a contratar, executar e recepcionar as obras.

Plan hurbe

O convenio asinado hoxe inscríbese no Plan hurbe, que o Goberno galego puxo en marcha en 2010 cun triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas de Galicia; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial. Para cumprir estas metas, o Plan inclúe tres programas de actuación: humanización de rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; e equipamentos público, especialmente referidos a aqueles de carácter cultural e social.

Desde a súa posta en marcha en 2010, o hurbe ten posibilitado a realización de 105 actuacións, grazas a un investimento total de 112 millóns de euros.

3 de maio de 2016 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.