As vítimas do Alvia cren que o informe da Axencia Ferroviaria evidencia incumprimentos en materia de seguridade
Representantes da Plataforma Vítimas Alvia 04155 lamentaron que non se fixera público o informe da Axencia Ferroviaria Europea sobre o sinistro e afirmaron que cren que isto é así porque evidencia que “os sistemas de seguridade non se cumpriron”.
Así o asegurou un representante da plataforma, José Antonio Gayoso, tras unha reunión co alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, no día en que se debaterán en pleno varias mocións en apoio ás vítimas e reclamando que se abra unha comisión de investigación no Congreso.
En declaracións aos xornalistas, José Antonio Gayoso recalcou que, na súa opinión, este informe non se está a facer público “porque chocaría frontalmente co que está a facer o Goberno español”.
Mentres, agradeceu o apoio das institucións que se sumaron á súa petición de apertura dunha comisión de investigación na Cámara Baixa. “Para facer xustiza e para que non queden ocultas cousas como esta”, sentenciou.
ALCALDE
Pola súa banda, o rexedor herculino avanzou a intención de realizar un acto público en recoñecemento ás vítimas do descarrilamento.
Ademais, sumouse ás demandas da plataforma para que “se”saiba que pasou e as responsabilidades que poida haber”. Ademais, reclamou tamén a apertura dunha comisión de investigación no Parlamento galego.











