Apoio á dinamización do mercado da praza de abastos de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Campaña "Quere o teu mercado"

Campaña “Quere o teu mercado”

A Deputación de Ourense colabora nas xornadas “Quere o teu mercado”, que se celebrarán desde o 16 ao 28 de maio, na praza de abastos, para a dinamización deste sector. O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández participou esta mañá na praza de Abastos, na presentación das actividades que organiza a Asociación de Comerciantes e Industriais Praza de Abastos.

Rosendo Fernández asegurou que mercar na praza supón “consumir produtos frescos, garantía de calidade e atención personalizada, para unha dieta cardiosaudable”.

A Deputación de Ourense colabora con este evento do mercado “para fomentar unha boa saúde alimenticia e o consumo dos nosos produtos coa repercusión económica que isto leva consigo. No mercado xúntase tradición e variedade que se adapta á maioría das demandas dos clientes”, afirmou o vicepresidente da Deputación de Ourense.

“Quere o teu mercado” é unha campaña internacional, con orixe no Reino Unido, na que participan países de Europa, América e Asia, como España, Francia, Hong Kong e Estados Unidos, entre outros. No marco do programa desta iniciativa, hai actividades para os máis pequenos coa actuación de Magos do Ribeiro, actuacións musicais, un concurso de fotografía e iniciativas nas redes sociais, entre outras propostas.

12 de maio de 2016 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.