Ángeles Vázquez pon en valor a riqueza ambiental, económica e social do monte galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Ángeles Vázquez na entrega de premios

Ángeles Vázquez na entrega de premios

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou hoxe o liderado de Galicia en materia forestal dentro de España. Lembrou que a nosa é a comunidade con máis árbores por habitante e que aquí prodúcese aproximadamente a metade de toda a madeira que se corta a nivel nacional.

Ángeles Vázquez participou este mediodía en Vigo no acto de entrega de premios da quinta edición do concurso escolar “O monte é a nosa vida”, que promove a Confederación Galega de Empresarios da Madeira (Confemadera) en colaboración coa Xunta. Estivo acompañada polo director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, José Manuel Pinal, e polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, entre outras autoridades.

A conselleira incidiu na necesidade de coidar “entre todos” esta riqueza forestal de Galicia e na importancia da divulgación do valor ambiental, social e económico do monte a través de campañas como esta. Neste contexto, felicitou a Confemadera Galicia por esta iniciativa e aos profesores e alumnos participantes no concurso, especialmente aos gañadores desta edición.

Concurso

En total, foron 163 os participantes nesta edición do concurso, pertencentes a centros de ensino de toda Galicia. Os gañadores foron o IES do Castro (Vigo) na categoría colectiva; Manuel Novás, alumno deste mesmo centro, na individual fotográfica audiovisual; Frida Carrera, alumna do CPR Compañía de María, tamén da cidade olívica, na categoría individual artística e o CEE Pedroso de Santiago na categoría de educación especial.

26 de maio de 2016 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.