Adxudícase a redacción dos proxectos e a dirección de obras para a construción de 40 vivendas de promoción pública na Coruña
A Xunta destinará un total de 120.274 euros á redacción do do proxecto básico e de execución e dirección de obra para construción de 40 vivendas de protección pública, garaxes, rochos e locais na Parcela Z-11, Sector 10, Parque Ofimático, en A Coruña. O contrato foi adxudicado a Monteoliva Arquitectura, S.L.P.
O Instituto Galego da Vivenda e Solo prevé comezar este ano a construción destas 40 vivendas de promoción pública no parque Ofimático da Coruña.
As vivendas de promoción pública construiranse nunha parcela propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo e posteriormente serán adxudicadas entre os demandantes inscritos no Rexistro de Demandantes. O proceso de selección de adxudicatarios anunciarase oportunamente, e iniciarase cando as vivendas se atopen xa en avanzado proceso de construción.
As vivendas que se adxudiquen en réxime de alugueiro pasarán a integrar o parque público de vivenda en aluguer, que actualmente está composto por arredor de 3.100 vivendas propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo adxudicadas en dito réxime.
A construción de 40 vivendas de promoción pública no Parque Ofimático da Coruña suporá un investimento total de 3,4 millóns de euros, dos que 1,04 millóns de euros xa están incluídos no orzamento do IGVS para 2016.











