Abel Caballero sobre supostas presións nas primarias do PSdeG: “Quen me apunte a min, remata nos tribunais”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, advertiu este venres de que quen lle apunte como indutor de calquera tipo de presión para favorecer algún precandidato ás primarias do PSdeG rematará “nos tribunais”.

Así manifestouno, en resposta a preguntas dos medios, sobre as acusacións dun representante da candidatura de Gonzalo Caballero, que presentou un escrito ante a Comisión de Garantías denunciando “presións” aos militantes dende o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra para que avalasen a opción “apoiada polo alcalde”, en alusión á de José Luis Méndez Romeu.

“Que me apunte a min, remata nos tribunais”, advertiu o rexedor olívico, quen afirmou que ese tipo de acusacións xa as “escoitou sempre por parte da mesma xente”. “Cada vez que se presenta alguén a unhas eleccións e as perde, di o mesmo”, sentenciou.

13 de maio de 2016 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.