publicidade hoxe

A Xunta pon en servizo a glorieta de conexión entre o enlace de Baio este da autovía da Costa da Morte e a AC-552

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaZas
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda porá en servizo mañá pola tarde a glorieta de intersección entre o enlace de Baio Este da autovía da Costa da Morte e a estrada AC-552, ao seu paso polo Concello de Zas.

Trátase da posta en servizo dunha das rotondas executadas no marco das obras da autovía da Costa da Morte, que serve de conexión entre o enlace de Baio Este e a AC-552, no seu PK 56+500, no Concello de Zas, á entrada de Baio. Esta glorieta conta con máis de 60 metros de diámetro.

Con esta actuación garántese unha maior accesibilidade, permitindo aproveitar ao máximo as potencialidades desta vía para toda a comarca, e sobre todo para que a Costa da Morte conte cun maior dinamismo económico e xere máis oportunidades para todos os habitantes.

Cómpre lembrar que a solución adoptada foi froito de escoitar a todas as partes implicadas e tendo en conta as reclamacións veciñais, polo que se apostou pola mellor solución técnica por funcionalidade (por tempo de recorrido, tráficos, conexión coa estrada convencional), e por seguridade, xa que aporta maior visibilidade.

A execución da autovía avanza segundo o previsto, garantido así o cumprimento do compromiso por parte do Goberno galego para que este verán sexa unha realidade que mellorará a seguridade viaria, a competitividade e, en conxunto, a calidade de vida dos veciños da zona.

Os usuarios desta vía van contar con máis de 27 km de autovía libre de peaxe para conectalos co resto de Galicia e de España. Para iso, a Xunta está a poñer os medios necesarios para impulsar a execución deste proxecto, contando así con preto de 250 operarios e 130 máquinas.

3 de maio de 2016 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.