publicidade hoxe

A Xunta investirá 234.000 euros na humanización da avenida O Seixo e a rúa Bello Piñeiro en Mugardos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMugardos
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Mugardos. Foto: M. Fuentes

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Mugardos. Foto: M. Fuentes

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá máis de 234.000 euros, entre este exercicio e o próximo, para urbanizar e humanizar as beirarrúas a ambos lados da avenida O Seixo e da Rúa Bello Piñeiro.

Así llo confirmou hoxe a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, ao alcalde da localidade, Juan Domingo de Deus, con quen mantivo unha xuntanza de traballo na Coruña.

Mato sinalou que esta actuación que se pretende levar a cabo en Mugardos inscríbese no Plan HURBE, un programa de actuación que a Xunta impulsou en 2010 para dar resposta á necesidade de humanización das vilas de Galicia. Tendo en conta o modelo social de integración cidadá, busca o achegamento dos entramados urbanos aos seus habitantes mediante a adecuación e creación de espazos públicos para as necesidades vixentes.

Segundo o Plan de investimentos da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería destinará este ano máis de seis millóns de euros a este Plan, aos que se sumarán cinco novos millóns de euros grazas á inxección recibida polo cumprimento do déficit, é dicir, 11 millóns de euros. O orzamento destinarase, principalmente, á humanización de rúas e á urbanización e mellora de espazos públicos.

Entre outros beneficios, o HURBE favorece a sostibilidade futura compatibilizando o desenvolvemento económico e a agrupación en torno aos núcleos de poboación con criterios de ordenación territorial e habitabilidade, recupera espazos públicos que foron perdendo o seu carácter de áreas de interacción social por un inadecuado desenvolvemento urbanístico, e potencia a conservación dos equipamentos urbanos patrimonio histórico das nosas vilas.

27 de maio de 2016 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.