publicidade hoxe

A Xunta inicia as obras de reforzo do firme na estrada OU-533 en Viana do Bolo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseViana do Bolo
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia este martes, 31 de maio, as obras de rehabilitación do firme da estrada OU-533, ao seu paso polo Concello ourensán de Viana do Bolo.

Con esta actuación, que conta cun orzamento próximo aos 520.000 euros, o Goberno autonómico mellorará o estado do firme, para favorecer a comodidade dos usuarios e a seguridade viaria no treito obxecto da actuación.

As actuacións proxectadas desenvólvense na súa totalidade no Concello de Viana do Bolo e levarase a cabo unha rehabilitación localizada do firme, mediante fresado e reposición dos tramos deteriorados. Así mesmo, repoñerase a sinalización horizontal nos treitos afectados.

As tarefas divídese en dous tramos, concretamente no P.K. 2+976 ao 10+163, é dicir, 7.187metros de lonxitude que une os lugares de Bouza e Pradocabalos; e nunha segunda que vai dende o P.K. 15+090 ao 20+985, de 5.895 m de lonxitude, entre o lugar de Caldesiños e a estación de servizo de Viana do Bolo.

A rehabilitación estrutural do firme realizarase nunha superficie de 36.673,34 m2, mediante o fresado da zona danada nun espesor de 5 cm e a posterior reposición da capa de rodadura.

Por outra banda, tamén se actuará no punto quilométrico 9+740 co fin de mellorar a drenaxe da estrada, executando neste punto unha nova obra de drenaxe transversal.

As obras terán unha duración de 6 meses e proporcionarán unha rede mais cómoda e segura en beneficio dos máis de 3.200 habitantes do Concello de Viana do Bolo e da súa área de influenza.

30 de maio de 2016 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.