A Xunta adxudica oito parcelas de solo empresarial con bonificacións por 430.000 euros
A Xunta vén de adxudicar case 10.000 metros cadrados de solo empresarial en oito parcelas emprazadas en tres parques empresariais das provincias da Coruña e Lugo. O prezo total no que se adxudicaron as parcelas foi de 463.705,20 euros, despois de aplicar bonificacións por importe de 430.198,80 euros.
Os adxudicatarios das parcelas terán a obriga de construír as súas instalacións e obter a licenza de actividade no prazo máximo de tres anos, contados a partir da formalización da compravenda en escritura pública.

Dende comezos de 2015, a Xunta de Galicia, a través do IGVS e Xestur, adxudicou máis de 545.000 metros cadrados de solo empresarial, con bonificacións por importe de 16,5 millóns de metros cadrados.
O investimento previsto polos adxudicatarios deste solo empresarial rolda os 348 millóns de euros e prevese a creación de 11.600 postos de traballo, entre directos e indirectos.











