A oferta turística galega achégase a Polonia no evento Piknik
Esta fin de semana a promoción da oferta turística galega centrarase en Polonia, onde Turismo de Galicia participará no evento Piknik. Trátase do acontecemento turístico para o público final máis importante do noroeste deste país, que acolle a milleiros de participantes na cidade de Szczecin.
Así, durante os próximos dous días, o departamento de promoción turística da Xunta instalará un recinto de promoción a través do que se divulgarán os recursos turísticos galegos, así como distintos aspectos culturais do territorio de Galicia.
Por outra parte, están previstas varias reunións de traballo cos principais operadores turísticos do norte de Polonia, onde ademais de presentar a oferta xeral, Turismo de Galicia apoiará a comercialización dos servizos turísticos galegos
Mercado holandés
O obxectivo é promover Galicia como destino turístico no mercado holandés do cal a nosa comunidade recibiu, o pasado ano 2015, 20.582 turistas que se aloxaron nos hoteis de Galicia un total de 30.150 pernoitas.
No que respecta ao 2016, no que vai de ano, visitaron Galicia 1.221 viaxeiros polacos que realizaron 2.440 pernoitas nos establecementos hoteleiros galegos.
Presstrip xornalistas canadenses
Por outra parte, no ámbito da promoción turística de Galicia, dous xornalistas canadenses da publicación The Epoch Times visitarán nos próximos días a nosa comunidade para coñecer parte da súa oferta turística, nunha viaxe organizada por Turismo de Galicia.
O obxectivo desta viaxe é elaborar un traballo xornalístico relacionado co Camiño de Santiago, os espazos naturais da Comunidade galega e o produto turístico ‘Viños e Camelias’.
Durante a súa estadía, que se prolongará entre os días 8 e 15 de maio, estes profesionais da comunicación canadenses terán a oportunidade de coñecer distintas contornas naturais e servizos turísticos relacionados co motivo da súa visita.











