publicidade hoxe

A Fundación Camilo José Cela e o fillo do premio Nobel asinan un acordo que conclúe o proceso xudicial entre as partes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPadrón
A-
A+

O conselleiro de Cultura e Educación e presidente do padroado da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, Román Rodríguez, e o fillo do premio Nobel, don Camilo José Cela Conde, veñen de asinar un acordo para a terminación do procedemento de execución dos títulos xudiciais dispostos polo Xulgado de Primeira Instancia no seu fallo de 2010 en todos os aspectos que afectan á devandita Fundación.

Este preito xurdiu como consecuencia das decisións sucesorias de Camilo José Cela nas que non se recoñece a lexítima ao seu fillo. Segundo se desprende da sentenza e das sucesivas confirmatorias dos órganos xudiciais colexiados débese aboar o devandito terzo de lexítima. En consecuencia, a presente sinatura pon fin á situación xudicial na que estaba incursa a Fundación sen que supoña sobrecusto algún para a mesma dado que a propia resolución prevé o pagamento mediante a entrega de bens.

Contido do acordo

Polo presente documento acórdase a entrega á Fundación a Cela Conde da Casa do Ferrocarril e dun total de vinte unha obras. Unha relación de bens mobles que inclúe dúas táboas góticas e dezanove obras de arte de autores contemporáneos, entre as que destacan unha cera sobre papel de Picasso e dúas acuarelas de Miró.

Non obstante, por acordo das partes, a entrega material referida no acordo adíase por un prazo de 10 anos, á súa conclusión será prorrogable ano a ano. Durante este período os bens permaneceran en posesión da Fundación sen que esta teña que pagar por elo ningunha contraprestación. Así mesmo, conveñen as partes que os bens permanezan na Fundación co propósito de que se podan destinar ao cumprimento dos fins fundacionais e tendo en conta que as obras deberán ficar na sede de Iria Flavia, debendo ser autorizado expresamente e por escrito por Camilo José Cela Conde calquera traslado das referidas obras artísticas.

12 de maio de 2016 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.