publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra concede un préstamo sen xuros de 287.243 euros ao Concello de Catoira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoiraPontevedra
A-
A+
Carmela Silva na sinatura do convenio co Concello de Catoira

Carmela Silva na sinatura do convenio co Concello de Catoira

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Catoira, Alberto García, asinaron esta mañá o convenio para a concesión dun crédito de 287.243 euros para operacións de tesourería neste municipio. Trátase dun dos concellos beneficiados pola convocatoria do Goberno provincial de préstamos sen xuros para os concellos de menos de 50.000 habitantes para o financiamento de inversións, operacións de tesourería, necesidades urxentes ou desfases transitorios.

O alcalde sinalou que esta cantidade vai ser adicada a diversas operacións de tesourería do concello e destacou a importancia de que sexa un préstamo sen xuros.

Pola súa parte, Carmela Silva recordou que a ten que estar ao lado dos concellos “nun momento en que debido a crise económica e as políticas do goberno de Rajoy teñen sumidos aos concellos, que son os que prestan os principais servizos aos cidadáns, a súa sorte”.

En 2016 é a primeira vez que a Deputación provincial saca esta liña de créditos en réxime de concorrencia competitiva e sen ningún tipo de xuros para os municipios, xa que co anterior Goberno estes eran do 2%. Ademais de Fornelos de Montes, outros seis concellos -Catoira, Silleda, Poio, Pazos de Borbén, A Cañiza e Salceda de Caselas- se benefician desta iniciativa, na que o ente provincial inviste 1.137.708,7 €.

Ademais, na Xunta de Goberno do pasado venres aprobouse unha segunda convocatoria para a concesión deste tipo de préstamos a concellos, por valor de 362.291,28 €. Faise así porque na convocatoria inicial non se esgotou o importe máximo asignado a esta iniciativa, que era de 1,5 millóns de euros, o que supón tamén 500.000 € máis que a última asignación do anterior Goberno provincial.

25 de maio de 2016 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.