A Deputación de Pontevedra asina o convenio de colaboración co Club Ciclista Froiz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o presidente Do Club Ciclista Froiz, Evaristo Portela firmaron hoxe o convenio de colaboración en materia deportiva polo que a institución provincial aporta a cantidade de 30.000 euros ao club.

Carmela Silva destacou o compromiso da Nova Deputación co deporte e co Froiz en concreto, que nesta tempada vai recibir unha cantidade superior a anos anteriores dentro do marco deste convenio de colaboración. A cambio o Club Ciclista Froiz incluirá na equipaxe dos seus ciclistas asi como nos seus vehículos o logotipo da institución provincial.

A Presidenta da Deputación subliñou os 27 anos de traballo continuo do Club Froiz e a súa aportación a converter o ciclismo nun deporte de referencia na nosa provincia. Silva subliñou que o Froiz ademais do seu traballo cos máis novos realiza unha laboura moi importante coa integración ao contar entre os seus membros a dous ciclistas paralímpicos polos que a Presidenta interesouse especialmente na súa participación nos próximos mundiais.

Esta convenio enmarcase dentro da política da Nova Deputación de apoio os equipos de toda a provincia que xogan nas ligas nacionais das principais disciplinas deportivas. Para esta tempada a Deputación destina case que 700.000 euros para o apoio a estes equipos principais.

A Deputación de Pontevedra xa ten firmado nos últimos meses convenios similares coa Fundación Celta de Vigo; Pontevedra Club de Fútbol; Sociedade Deportiva Teucro; Coruxo Fútbol Club; Club Balonmán Cangas; Club Balonmán Porriño; Atlético Guardés ou a Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

3 de maio de 2016 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.