publicidade hoxe

A Deputación da Coruña estuda a fórmula para participar no Campus Industrial de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrol
A-
A+

A vicepresidencia da Deputación, Goretti Sanmartín, reuniuse co reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde para estudar novas liñas de colaboración institucional, entre elas, o apoio ao Campos Industrial de Ferrol.

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, trasladoulle á vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín o proxecto do Campus Industrial de Ferrol, unha iniciativa de excelencia ideada para promocionar as titulacións existentes na cidade.

Na visita que o reitor realizou á sede da Deputación, Goretti Sanmartín mostrou a disposición de colaborar nun proxecto que ten como obxectivo dinamizar a vida universitaria dunha cidade especialmente afectada pola crise económica que pode ter tamén no seu campus unha vía de desenvolvemento económico e laboral. A vicepresidenta da Deputación comprometeuse a estudar as fórmulas para o posíbel apoio entre as que se atopan a posibilidade de participar a través dun programa de actividades culturais. O campus de Ferrol está especialmente especializado nas titulacións de Enxeñerías, das que se imparten Deseño Industrial, Eléctrica, Tecnoloxías Industriais, Mecánica, Electrónica Industrial e Automática e Naval e Oceánica. Ademais, nos centros de Esteiro e Serantes pódense estudar Relacións Laborais e Recursos Humanos,Enfermería, Podoloxía, Humanidades e Información e Documentación.

Residencia Elvira Bao

Na xuntanza, Goretti Sanmartín informou tamén a Julio Abalde da situación na que se atopa a tramitación administrativa para a creación da residencia universitaria Elvira Bao que se abrirá en dependencias do actual Calvo Sotelo da Coruña. A vicepresidenta trasladoulle que en quince días rematará o prazo para a presentación do proxecto definitivo e que se estima que as obras comecen ao longo do verán.

5 de maio de 2016 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.