publicidade hoxe

A Consellería do Mar mellora a seguridade vial no porto de Vilaxoán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, vén de mellorar a seguridade vial no peirao de Vilaxoán, no municipio pontevedrés de Vilagarcía. Así o confirmou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita realizada á zona na que o seu departamento investiu 35.000 euros.

En concreto, a actuación executada consistiu na pavimentación do vial principal entre o edificio do Intecmar e o centro sociocultural, ubicados na zona portuaria. Deste xeito, refórzase a seguridade para o tránsito rodado na zona e melloran as condicións de actividade e traballo dos usuarios do porto.

As obras incluíron a construción de 4.000 metros cadrados de novo asfalto para o que se procedeu ao fresado do firme existente e retirada do material resultante ao vertedoiro autorizado. Ademais, repuxéronse todas as marcas viais preexistentes e instaláronse lombos de redución de velocidade previos aos pasos de peóns. Finalmente os traballos supuxeron tamén a reparación e posta a nivel de todos os rexistros de sumidoiros existentes de cara a minimizar riscos para a circulación.

27 de maio de 2016 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.