publicidade hoxe

A consellería de Medio Ambiente asumirá a redacción dunha nova fase do proxecto de infraestrutura básica de Cospeito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+
Reunión da conselleira de Medio Ambiente e o alcalde de Cospeito

Reunión da conselleira de Medio Ambiente e o alcalde de Cospeito

Augas de Galicia asumirá a redacción da terceira fase do proxecto de infraestrutura básica no Concello de Cospeito. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Cospeito, Armando Castosa, mantiveron unha reunión de traballo na que a responsable de Medio Ambiente lle confirmou que a Xunta colaborará nesta mellora para este municipio da provincia lucense, para o que se estima un orzamento de preto dun millón de euros.

Beatriz Mato sinalou que a importancia desta actuación reside no feito de que se ultima o deseño da rede de abastecemento, e que completará as captacións (en alta) e o abastecemento (en baixa), realizadas con anterioridade e que tiveron un custe global de case dous millóns de euros, o que se traducirá en conectar os depósitos e a estación de tratamento a esta nova rede.

Durante este encontro, no que tamén participou o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, a conselleira e o alcalde destacaron a importancia e necesidade desta actuación, porque ademais de completar o abastecemento, incidirá na certificación da calidade das augas e suporá un importante impulso ao sector da gandería, que serán beneficiarios dun servizo que mellora a calidade das augas.

9 de maio de 2016 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.