publicidade hoxe

Uns 200 profesionais asisten ao I Congreso de Seguridade Privada na Academia Galega de Seguridade Pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal Portada
A-
A+

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor , inaugurou hoxe o o I Congreso de Seguridade Privada, na Academia Galega de Seguridade Pública, ao que asisten máis de 200 profesionais da seguridade privada.

Luis Menor destacou que a seguridade constitúe unha das principais preocupacións de calquera sociedade, e unha das obrigacións da Administración pública é satisfacer as demandas que nesa materia exponlle os cidadáns.

Este I Congreso Autonómico centrase sobre “Os retos da seguridade privada”, constituíndo segundo palabras do director xeral un avance moi importante na implementación dun ámbito de colaboración entre os profesionais da materia e a Administración, xa que contase coa colaboración de Asociacións de Seguridade Privada, coma Aproser, Asemsega e Aesga.

Luis Menor fixo especial fincapé en que a Agasp, dende o ano 2012, é centro autorizado polo Ministerio do Interior, para a actualización e adestramento profesional do persoal de seguridade privada.

O congreso terá varios relatorios sobre a Lei de Seguridade Privada; novas ferramentas para a elaboración de plans de emerxencia e evacuación, e a afectación de dereitos fundamentais por actividades de seguridade privada, especial referencia á vídeo vixilancia e utilización de cámaras fixas e móbeis. Pola tarde haberá dúas mesas redondas sobre os gardas particulares de campo ante a nova lei de seguridade privada e o seu papel preventivo medioambiental, e a colaboración e coordinación entre seguridade pública e seguridade privada:

O director estivo acompañado na inauguración polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello; o comisario xefe da Policía Autonómica, Silverio Blanco, e representantes da Garda Civil e da Policía Nacional.

6 de abril de 2016 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.