Un total de 72 centros educativos participan na XIX edición do Certame de teatro escolar e afeccionado “Candilejas Don Bosco”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Un ano mais, o IES Calvo Sotelo da Coruña acollerá o certame de teatro escolar e afeccionado “Candilejas Don Bosco”, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, e que nesta edición batirá o seu récord histórico de participación, coa representación de 111 obras de teatro, que correrán a cargo de 1.524 actores e actrices noveis, a maior parte deles alumnos de 72 centros educativos participantes de toda a provincia.

O presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, recibiu no seu despacho a Severino Pérez e Francisco Cousido, responsables da organización deste veterano festival de teatro escolar, que comeza este sábado 9 de abril e que se desenvolverá durante os meses de maio e xuño. Ambos destacaron a longa traxectoria do certame, fundado en 1998, e a “gran implicación” da comunidade educativa tanto do Calvo Sotelo como dos centros escolares participantes, que se encargan de todos os detalles das representacións, dende a elaboración do guión, ata o último detalle do vestiario.

O xurado seleccionará as obras gañadoras dos premios “Don Bosco” nas categorías Benxamín (Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria), Infantil (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria), Cadete (alumnado da ESO), Xuvenil (alumnado de Bacharelato e FP) e senior (grupos de teatro afeccionado), así como os mellores actores/actrices de cada catergoría, e os prmeios entregraranse en diferentes gala que se celebrarán os días 18 de xuño no centro Calvo Sotelo e o 22 de xuño no Teatro Colón da Coruña.

Cinco obras no Teatro Colón

Ademais, durante a primeira quincena de xullo, 5 das 111 obras participantes representaranse no Teatro Colón da Coruña. En concreto, trátase das obras “O lago dos cisnes”, do CEIP Emilio Pardo Bazán, “A pousada máxica” do grupo Arjé Teatro, “Musical Grease” do centro Liceo La Paz, “Las bizarrías de Belisa”, do grupo Eclipse- Noite Bohemia e “Bodas de sangre”, do grupo Cajón de Sastre.

6 de abril de 2016 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.