Un home de 63 anos resulta ferido ao sufrir un accidente co tractor que manexaba en Pontevedra
Un home de 63 anos de idade resultou ferido ao sufrir un accidente co tractor que conducía en Pontevedra. Foi trasladado por unha ambulancia medicalizada do 061 ao Hospital Montecelo, segundo informaron fontes deste servizo. O suceso aconteceu pouco antes das 22,00 horas deste mércores en Acevedo, en Pontevedra, cando o home, que responde ás iniciais de R.C.S., sufriu un accidente co tractor tipo ‘chimpín’.
Foron informados os bombeiros, aínda que se descartou a excarceración porque a persoa xa estaba liberada. Tamén se informou a Policía Local, ademais do 061.
Por outro lado, un incendio que se declarou nun tráiler mantivo cortado durante máis dunha hora o acceso á N-550 á a A-55 e á A-52, dende a AP-9, este mércores. Foi pouco máis tarde das 23,00 horas, en O Porriño, pero non houbo feridos, se ben arderon por completo seis dos vehículos que transportaba o camión.











