Trasladan ao Hula a dous feridos tras unha colisión na estrada de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaSucesos
A-
A+
Europa Press

Os bombeiros de Lugo excarceraron este xoves unha condutora que quedou atrapada no interior do vehículo que conducía tras sufrir un accidente na estrada de Santiago, ao pasar a Ponte Nova do Miño. Segundo informa o 112, o sinistro produciuse sobre as 7,15 horas por unha colisión entre un turismo e unha furgoneta. Dúas persoas resultaron feridas, unha delas atrapada no interior dun dos vehículos.

Tras recibir a alerta dun particular, o 112 avisou a Urxencias Médicas e aos bombeiros da cidade. Ademais, foi solicitada a intervención dos axentes de Tráfico e de Protección Civil e os dous feridos foron trasladados polos servizos sanitarios ao Hospital Lucus Augusti (Hula).

28 de abril de 2016 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.