Suspéndese o xuízo contra o acusado de violar unha muller en Vigo
A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, decidiu suspender o xuízo previsto para este martes, no que ía sentar no banco dos acusados un home, A.F.D.F., acusado de violar unha muller no cuarto de baño dunha discoteca da cidade olívica.
A vista estaba sinalada para as 10,00 horas deste martes e, sobre as 10.45 horas, dado que a vítima non apareceu, o tribunal optou por suspender o xuízo.
A Fiscalía solicita para o acusado 9 anos de cárcere, unha multa de 900 euros e que indemnice a vítima en 7.000 euros, por consideralo autor dunha violación e unha falta de lesións.
Os feitos tiveron lugar na madrugada do 22 de febreiro de 2015 nunha discoteca de Vigo. Segundo o escrito de acusación pública, o acusado seguiu a vítima ata o baño, onde forcexou con ela e a violou, causándolle varias lesións.











