publicidade hoxe

Santiago Villanueva confirma que non se descarta ningunha hipótese no crime de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Europa Press

O delegado do Goberno, Santiago Villanueva, confirmou que, por agora, “non se descarta ningunha hipótese” no crime de Ferrol en que unha muller de 43 anos apareceu morta no bar no que traballaba como camareira debido a varias coiteladas.

En declaracións aos medios, recordou que hai unha persoa detida, que se corresponde cun mozo de 31 anos e que tamén rexentaba outro bar, o Auditorio 27, ambos os dous no barrio de Caranza. O arrestado era cliente habitual.

Está previsto que pase este mércores a disposición xudicial coas “probas que a Policía Nacional recolleu no lugar dos feitos, dos rexistros e os móbiles que se contrastaron en relación a este delito”, sinalou Villanueva.

O delegado do Goberno sinalou que “non se descarta ningunha hipótese” e pediu esperar a “que se aclare o autor, ou os posibles autores” para determinar a cualificación do caso, se violencia de xénero “ou outro delito que non teña que ver”.

Neste sentido, advertiu de que para que sexa considerado un caso de violencia de xénero “ten que haber unha relación afectiva ou de convivencia presente e pasada”.

26 de abril de 2016 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.