publicidade hoxe

Rey Varela reúnese co alcalde da Estrada para coordinar a estratexia social a nivel autonómico e local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde da Estrada

Rey Varela na reunión co alcalde da Estrada

A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou o Concello da Estrada para reunirse co alcalde do municipio pontevedrés, José López Campos.

Na xuntanza, ambos mandatarios avanzaron na construción da futura escola infantil no concello estradense que contará con 74 prazas e un investimento superior ao millón de euros que achegarán ambas administracións e virá a incrementar a ratio de prazas públicas en escolas infantís do municipio. Ademais, cómpre destacar que no presente exercicio, o concello recibiu 400 horas máis no que atinxe ao Servizo de Axuda no Fogar ata acadar unha ratio de atención do 71,99%. E, ao fío avanzou un incremento para este ano de 6.000 horas máis co fin de atender a un maior número de usuarios deste servizo.

29 de abril de 2016 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.