publicidade hoxe

Rey Varela aborda un encontro co rexedor de Miño para impulsar as liñas de acción social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde de Miño

Rey Varela na reunión co alcalde de Miño

A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos. Neste sentido, afonda na liña de reunións cos alcaldes galegos co fin de impulsar novas vías de colaboración social que melloren a os servizos sociais nos diferentes concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos.

A Xunta de Galicia adquire cos responsables das entidades locais o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio e de cada comunidade de veciños. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do concello coruñés de Miño, Ricardo Sánchez Oroza, así como co tenente de alcalde, Jesús Veiga Sabín.

Na xuntanza, que tivo lugar no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, o conselleiro e o rexedor de Miño sinalaron a importancia do incremento de 200 horas no Servizo de Axuda no Fogar ata acadar as 1.263 horas en total cunha ratio de atención do 82,52%. Non en tanto, ambos mandatarios acordaron estudar o incremento deste servizo ata cubrir o 100% da atención. No canto da atención a menores, o concello coruñés conta con 56 prazas públicas de escolas infantís cunha ratio de atención do 35,90% situándose por riba da porcentaxe aconsellada pola Unión Europea.

Ademais, a colaboración entre as dúas entidades centrarase na futura apertura do centro de día da Regueira, un centro que xa conta co Permiso de Inicio de Actividades.

11 de abril de 2016 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.