Prisión provisional comunicada e sen fianza para o detido polo crime do bar de Caranza
O xuíz decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o detido, un mozo de 31 anos veciño de Narón, polo crime de Marta S.V., de 43 anos, acontecido no bar Bonky de Ferrol na madrugada do luns.
Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron que o detido, que tamén rexentaba un bar no mesmo barrio de Caranza e era cliente habitual do establecemento onde a muller foi acoitelada, está investigado por un suposto delito de homicidio ou asasinato.
O arrestado, que en sede policial recoñeceu estar no bar na noite do crime e admitiu coller un coitelo, aínda que asegurou que non se acordaba de nada, pasou este mércores a disposición Juzgado número 2 de Ferrol, a onde chegou sobre as 9,53 horas.











