publicidade hoxe

Pasa a disposición xudicial o detido en Friol por supostos abusos a menores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFriol
A-
A+
Europa Press

O home de 50 anos, M.M., acusado de varios delitos sexuais a menores de idade, incluído o seu fillo, foi trasladado ás 11,30 horas deste mércores ao Xulgado de Instrución número 2 de Lugo para pasar a disposición.

Segundo indicaron fontes do Instituto Armado, foi un home o que denunciou na comandancia de Lugo en compañía da súa filla que un sobriño seu, de 14 anos, podería estar a sufrir abusos sexuais.

A raíz diso, a Garda Civil promoveu unha investigación de oficio e tomou declaración á suposta vítima, en compañía da nai. O menor declarou que pousou “xunto ao seu pai diante dunha cámara web para facer cousas sexuais, para que o visen terceiras persoas, que tamén podían ser menores”, segundo indicaron fontes da investigación.

A Garda Civil acudiu ao domicilio do home, en Friol, onde foi detido e trasladado aos calabozos da Garda Civil, á espera de pasar a disposición xudicial. Os investigadores consideran que estes supostos abusos poden remontarse a “hai ano e medio, e ata a actualidade”.

6 de abril de 2016 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.