publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os detidos no poboado chabolista de Poio quedan libres tras acollerse ao seu dereito a non declara

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPoioSucesos
A-
A+
Europa Press

Os seis detidos no marco dun dispositivo contra o tráfico de drogas no poboado chabolista de O Vao, na localidade pontevedresa de Poio, quedaron en liberdade -aínda que permanecen investigados- tras pasar a disposición xudicial e acollerse ao seu dereito a non declarar, segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Este luns, levouse a cabo unha un despregamento de máis de 30 axentes no marco dunha operación antidroga que se prolongou dende as 5,00 ata as 9,30 horas, e que se saldou con seis detidos.

Nel, participaron axentes do posto de Pontevedra, do Grupo de Reserva e Seguridade (GRS) de Castrosenín e do servizo cinológico, que utilizaron dous cans adestrados para detectar droga nos rexistros das dúas choupanas.

Ademais das detencións, interveuse unha pequena cantidade de cocaína, repartida en preto de cen doses, preparadas para a súa distribución polo miúdo, armas brancas – entre elas machetes e navallas – , diñeiro en efectivo e dous vehículos que presuntamente as persoas arrestadas utilizaban como medios de transporte nas súas actividades de tráfico a pequena escala.

12 de abril de 2016 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.