O PSdeG cre que o comportamento de Baltar lle suporía a expulsión de calquera outro partido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Europa Press

A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, recalcou este venres que a causa centrada no presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e na muller que o denunciou no seu día por ofrecelo supostamente traballo a cambio de relacións sexuais “non é un tema persoal”, como el sempre alegou para evitar dar explicacións públicas.

“É un proceso que deriva da actuación dunha persoa absolutamente amoral que, se estivese a militar noutro partido, xa estaría dado de baixa”, recalcou a dirixente socialista, para quen a extensión da investigación ao xefe de Persoal da Deputación “demostra a coherencia” da Xustiza.

Dito isto, incidiu en que esa “xustificación” de Baltar sobre que o asunto era de carácter persoal “dá a risa” e supón “unha burla” a todas as mulleres que seguen tendo que reivindicar “cuestións tan fundamentais como a igualdade de oportunidades” e loitar de forma “permanente” contra a violencia.

“Non é un tema persoal dende o momento en que é o presidente dunha institución e estamos a falar dun posto de traballo que esa muller pretende nesa institución ou da man do seu presidente”, resolveu a tamén presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso.

29 de abril de 2016 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.