O presidente da Xunta é nomeado Visitante Distinguido da cidade de Bos Aires

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
Feijóo na Feira Internacional do Libro de Bos Aires

Feijóo na Feira Internacional do Libro de Bos Aires

A Defensoría del Pueblo de la Ciudad autónoma de Buenos Aires nomeou onte ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, Visitante Distinguido da cidade.

A distinción foi outorgada tras visitar o stand da Xunta de Galicia na Feira Internacional do Libro de Bos Aires, cuxa 42 edición conta con Santiago de Compostela como cidade invitada de honra.

O titular da Xunta continúa hoxe a súa visita institucional a Arxentina, cunha reunión co vicexefe do Goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires, Diego Santilli. Posteriormente, recibirá o Título de Hóspede de Honra, concedido pola Cidade Autónoma de Bos Aires, de mans da vicepresidenta primeira da Lexislatura.

22 de abril de 2016 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.