O PP rexeita reprobar a acción policial co xoven que se disfrazara en Ourense cun cartel de ‘Gora Alka-ETA’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+
Europa Press

Os deputados do PPdeG rexeitaron cos seus votos unha iniciativa do Grupo Mixto -que incorporou unha emenda socialista e foi apoiada de forma unánime pola oposición- na que se pedía, entre outras cuestións, “reprobar” a acción da Policía Nacional ao identificar no Entroido de Ourense a un mozo que, a modo de parodia do ocorrido en Madrid, disfrazouse de titiritero e portaba un cartel coa lema ‘Gora Alka-ETA’.

“Non se pode usar a plataforma parlamentaria para cuestionar a profesionalidade destes axentes”, argumentou o popular Miguel Tellado, quen lembrou as 829 vítimas mortais de ETA e indicou que, para o PP, “o enaltecemento do terrorismo é un delito moi grave co que non se pode coquetear”.

Así as cousas, rexeitaron a iniciativa defendida por Carmen Iglesias (Grupo Mixto) na que se buscaba que o Parlamento galego expresase a súa “preocupación” polas recentes actuacións das forzas do Estado que “instrumentalizan politicamente delitos tan graves como o delito do enaltecemento do terrorismo”.

Así mesmo, demandábase “reprobar” a actuación da Policía Nacional no Entroido de Ourense que -esgrimía- evidencia “un descoñecemento profundo das tradicións, festas e idiosincrasia galega por parte destes servidores públicos”

Por último, a proposta de Iglesias reclamaba á Xunta que instase ás autoridades pertinentes a que “situacións similares non se volvan a repetir” por “coartar e lesionar os dereitos das persoas” como a liberdade de expresión e a seguridade xurídica.

“LEI MORDAZA”

Se a oposición coincidiu en criticar a “esaxeración” neste caso rexistrado no Entroido ourensán, así como no trato que recibiron os titiriteros detidos en Madrid, Iglesias, Xabier Ron (AGE), Tereixa Paz (BNG) e Marisol Soneira (PSdeG) tamén manifestaron similares en relación á lei de seguridade cidadá, que criticaron con dureza.

Así quedou plasmado no debate dunha iniciativa de AGE que defendeu Ron e na que se alertaba da “consideración negativa” que fai o Comité de Dereitos Humanos da ONU nun informe de xullo de 2015 en relación “coas novas restricións ás liberdades de expresión e reunión derivadas da lei mordaza”.

“Estamos ante unha involución dos dereitos da cidadanía”, apuntou Ron, extremo co que coincidiu Iglesias. Pola súa banda, Tereixa Paz subliñou que o Goberno de Rajoy pretendía con esta norma impor “unha mordaza social” nun escenario de mobilización cidadá. Para Soneira, a lei constitúe “unha barbaridade democrática”.

Fronte a iso, Julia Rodríguez (PPdeG) defendeu que a lei é “mellor e máis garantista” rexeitando así o primeiro punto da proposta de AGE que instaba á “revisión” da mesma.

Os populares si apoiaron, no entanto, outros dous puntos nos que a Cámara insta á Xunta a dirixirse ao Goberno para que elabore un procedemento específico de implementación dos ditames do Comité de Dereitos Humanos; e a reclamar “a aplicación directa do Pacto en todo o ordenamento xurídico interno do Estado español. Ambos saíron adiante por unanimidade.

22 de abril de 2016 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.