publicidade hoxe

O falecido no accidente da A-8 e os feridos xogaban no Rácing Vilalbés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBegonteVilalba
A-
A+
Europa Press

O mozo de 18 anos falecido nun accidente de circulación na noite deste martes na a-8 xogaba, xunto aos outros dous ocupantes do vehículo que resultaron feridos graves, na categoría xuvenil do Rácing Vilalbés.

O club de fútbol que suspendeu os adestramentos de todas as categorías e se puxo en contacto coa Federación Galega de Fútbol para suspender os partidos de base desta fin de semana.

O presidente do club, Francisco Ruiz, confirmou que os dous rapaces volvía de adestrar, como de costume, aos seus fogares, pasadas as 22,30 horas. Fontes da investigación do sinistro indicaron que a hipótese que se baralla principalmente é que se produciu un despiste na condución, xa que non hai outro elemento aparente.

O condutor do vehículo, Jorge Tato Rey, faleceu como consecuencia do sinistro no mesmo lugar en que se produciu. Os dous compañeiros de equipo, tamén de Lugo como a vítima mortal, quedaron feridos graves.

O club púxose en contacto coa familia nestas xornadas “tristes” para o equipo, para “consensuar o xeito en que o club pode apoiar” á familia e despedir a Tato Rey.

ACCIDENTE NA A-8

O sinistro tivo lugar á altura do municipio lucense de Begonte, no quilómetro 593 da A-8, sobre as 22,45 horas deste martes.

Ata o lugar desprazáronse unha ambulancia asistencial e unha ambulancia medicaliza. Foron trasladados ao Hospital Lucus Augusti de Lugo S.R.R., de 19 anos; e A.F.P., de 18 anos.

6 de abril de 2016 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.