O CPETIG e a Amtega celebran un curso para formadores en Scratch na Facultade de Informática da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA Coruña
A-
A+

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) e Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebran mañá, venres 22 de abril, un curso sobre a ferramenta Scratch na Facultade de Informática da Coruña (FIC).

O curso, que se celebrará en horario de 15.00 a. 19.00, está dirixido a colexiados do CPETIG e CPEIG, ao profesorado e alumnado da FIC e ao profesorado non universitario co fin de dotalos dos coñecementos e ferramentas necesarias para que poidan actuar como formadores en eventos relacionados con Scratch.

Nos últimos dous anos, e no marco da colaboración que vén desenvolvendo coa Amtega, o CPETIG vén realizando diferentes cursos e xornadas sobre Scratch para difundir os valores da programación informática entre os nenos, os seus pais e os seus formadores.

De cara a poder ampliar o alcance desta actividade, faise preciso contar máis formadores especializados en Scratch e, de aí ,a celebración desta actividade.

Esta sesión formativa contará coa participación da asociación “Programamos”nova venta. O obxectivo fundamental desta asociación é promover o desenvolvemento do pensamento computacional dende idades temperás a través da programación de videoxogos e aplicacións para móbiles en todas as etapas escolares, dende educación infantil ata formación profesional.

21 de abril de 2016 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.