publicidade hoxe

Navantia ultima a sinatura do contrato con Australia para consolidación económica do estaleiro ferrolano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O conselleiro de Económica, Francisco Conde, confirmou este venres que Navantia está “a punto” de asinar o contrato coa Armada australiana para a construción de dous buques de aprovisionamento de combate que suporán a “consolidación da recuperación” económica do estaleiro ferrolano.

En declaracións á Radio Galega, Conde indicou que este contrato “vai marcar unha referencia de futuro” para Navantia Ferrol, contribuíndo a que “se consolide esa recuperación económica que xa se iniciou” coa construción do flotel”.

O proxecto de construción dos dous buques de aprovisionamento en cambote (BAC) suporá tres millóns de horas de traballo (1,5 millóns de euros por cada barco) e levarase a cabo integramente en Ferrol.

Foi en 2014 cando o Goberno australiano convocou o concurso para a construción destes dous barcos loxísticos, case idénticos ao BAC Cantabria. En agosto de 2015, Navantia presentou unha oferta que resultou finalista, xunto coa presentada polas empresas surcoreanas Daewoo e Marine.

29 de abril de 2016 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.