publicidade hoxe

Medio Ambiente estudará novas actuacións de abastecemento e saneamento en Friol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFriol
A-
A+

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza de traballo co alcalde de Friol, José Ángel Santos, para avaliar posibles vías de colaboración entre a administración autonómica e a local.

O rexedor trasladoulle á responsable autonómica a solicitude de dous proxectos de mellora do saneamento en Roimil, estimado nuns 126.000 euros, e do abastecemento en Prado, cun orzamento aproximado de 177.000 euros. Mato apuntou que a Xunta estudará estas demandas, tendo prioridade ás actuacións relacionadas co abastecemento.

Ademais, durante a reunión, ambos representantes tiveron a oportunidade de abordar outros temas de interese, como o urbanismo e a aplicación da nova Lei do solo.

13 de abril de 2016 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.