publicidade hoxe

Medio Ambiente colaborará na mellora do abastecemento da parroquia de Simes en Meaño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeaño
A-
A+
Beatriz Mato na reunión coa alcaldesa de Meaño

Beatriz Mato na reunión coa alcaldesa de Meaño

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha Varela, mantiveron un encontro para analizar as necesidades en materia de abastecemento e saneamento deste concello da provincia de Pontevedra.

Beatriz Mato trasladoulle a Ucha Varela que Augas de Galicia levará a cabo este ano unha actuación para mellorar a rede de abastecemento neste punto do concello, cuxo orzamento se eleva a case 25.000 euros. O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, -que tamén participou na reunión- indicoulle á rexedora municipal que o departamento responsable de Augas tramitará nas vindeiras semanas o expediente desta actuación para poder contratar as obras no prazo máis breve posible.

Durante a reunión, a conselleira e a alcaldesa tamén abordaron a posibilidade de colaborar noutros proxectos, como o saneamento para o núcleo de Lores e unha mellora do abastecemento en Covas. Dúas actuacións que suman un importe de 100.000 euros. A conselleira de Medio Ambiente comprometeuse a analizar estes proxectos de obra hidráulica e establecer un marco de colaboración dentro das posibilidades orzamentarias de Augas de Galicia para o actual exercicio.

8 de abril de 2016 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.