publicidade hoxe

Galicia rexistra en menos de dúas horas tres accidentes múltiples en distintos puntos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesOleirosSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

Galicia rexistrou tres accidentes con varios vehículos implicados en distintos puntos das estradas galegas ao final da tarde deste mércores e en menos de dúas horas. Así, o primeiro deles tivo lugar no municipio coruñés de Oleiros, na avenida Ernesto Che Guevara, sobre as 18,30 horas. Urxencias Médicas informou do accidente, no que unha persoa resultou ferida e foi trasladada a un centro sanitario de referencia.

Foron informados, segundo o parte da Central de Atención ás Emerxencias, os Bombeiros de Arteixo, da Policía Local e de Protección Civil.

A seguinte foi ás 19,00 horas en Ames, tamén na provincia da Coruña, e deixou unha persoa ferida. Dous vehículos chocaron contra outro que estaba estacionado na avenida Rosalía de Castro, en Milladoiro.

Segundo a información do 112, foron avisados Urxencias Médicas, o GES de Brión e a Policía Local de Ames.

Finalmente, en Vigo, sobre as 19,45 horas, houbo un accidente múltiple no que se viron implicados catro vehículos e houbo feridos, que cando chegaron os técnicos sanitarios “xa foran trasladados”, segundo o parte do 112.

7 de abril de 2016 | 10:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.