Formoso reúnese co novo xefe superior da Policía Nacional en Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
O presidente da Deputación na reunión co novo xefe de Policía

O presidente da Deputación na reunión co novo xefe de Policía

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá no seu despacho da institución provincial ao novo xefe superior da Policía Nacional en Galicia, Manuel Vázquez López.

A reunión enmárcase na rolda de contactos institucionais que Vázquez López está a realizar con motivo do seu recente nomeamento como máximo responsable da Policía na comunidade autónoma.

Gonzalez Formoso e Vázquez López departiron durante media hora sobre as súas respectivas competencias. Ao remate da reunión, o presidente provincial destacou o importante traballo que desenvolven as forzas e corpos de seguridade do Estado e desexou “os maiores éxitos profesionais” a Manuel Vázquez no seu novo posto á fronte da Policía en Galicia.

14 de abril de 2016 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.