Ferreiro di que as emendas de PP e PSOE deixan o Concello coruñés nunha situación complicada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, manifestou que as emendas presentadas polo PP e o PSOE aos presupostos municipais para este ano deixan a Casa do concello nunha situación “complicada”, aínda que apostilou que o goberno local intentará “arranxar” no período de alegacións “o despropósito”.

Ao termo do pleno , e en declaracións aos xornalistas, dixo que, entre outras cuestións, se lles nega “a capacidade para elaborar os proxectos de obras que se nos pide executar”. “Recórtasenos en gastos esenciais”, engadiu.

Por outra banda, sobre as competencias do alcalde para partidas menores, asegurou que, coa emenda do PP, avalada polo PSOE, “se nos impide mover partidas presupostarias que, de xeito ordinario, sempre se moveron”.

“Que cambiar un euro pase polo mesmo trámite dun modificativo de crédito é un burrada”, sentenciou. Mentres, Ferreiro, que advertiu de que ambas as dúas formacións “non van conseguir bloquear a acción de goberno”, volveu acusar o PSOE de “preferir pactar” co PP “para sacar os seus proxectos”.

RÉPLICA DA OPOSICIÓN

Ao respecto, argumentou que, nunha conversación co voceiro socialista, José Manuel Dapena, este lle asegurou que “non quería traizoar o seu pacto co PP”. Non obstante, este defendeu que o PSOE, coa súa emenda e o respaldo á dos populares, “axudou a que os presupostos saian adiante”.

Sobre as manifestacións do alcalde respecto á conversación entre ambos os dous non se quixo pronunciar. “Paréceme unha falta de educación pola súa parte”, dixo.

Ademais, precisou que “as competencias que ten por lei” o rexedor seguen exactas”, pero asegurou que o pleno “recupera competencias que antes tiña delegadas no alcalde” durante gobernos de maioría absoluta.

Dende as filas populares, a súa voceira Rosa Gallego, rexeitou a existencia dun pacto co PSOE e indicou que os apoios mutuos ás súas emendas débese ás “coincidencias” existentes na relativa a partidas que daban de baixa en relación cos presupostos da Marea Atlántica.

Mentres, sobre as competencias do alcalde, precisou que lla “aclaran” cáles ten. Por outra banda, acusou de “vergonzosa” a actitude do rexedor coruñés no pleno e cuestionou as súas alusións ao anterior rexedor e exvoceiro do Grupo Municipal do PP, Carlos Negreira.

Pola súa parte, nun comunicado, a edil do BNG, Avia Veira, cualificou de “irresponsable e temerario” que se debatan, voten e aproben “documentos que non foron avaliados e que os propios técnicos municipais non tiveron tempo de informar”, reitera en liña co expresado no pleno.

1 de abril de 2016 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.