publicidade hoxe

Feijóo cre que o xuízo do alcalde de Palas de Rei non afecta aos cidadáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+
Europa Press

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, manifestou que a apertura de xuízo oral ao alcalde de Palas de Rei (Lugo), Pablo Taboada (PP), é “unha cuestión de organización interna” do propio Concello lucense, despois de que a Corporación “entendeu que unha funcionaria non estaba a cumprir co seu deber”.

Así contestou aos xornalistas ao finalizar o acto de inauguración do Edificio Tecnolóxico Aeroespacial en Nigrán (Pontevedra), onde dixo que este tema “non ten transcendencia” dende o punto de vista dos cidadáns” nin “dende o punto de vista de cumprir os compromisos electorais dun alcalde”.

Tal e como recordou, esta situación desemboca da denuncia que interpuxo unha funcionaria municipal despois de que o alcalde iniciase contra ela a tramitación dun expediente disciplinario “por entender que esa funcionaria non cumpría coas obrigas que corresponden os empregados públicos”.

Non obstante, coa apertura do xuízo -salvo resolución contraria do Constitucional- e dado que o código ético do PP “é incompatible” con iso, o rexedor pediu a baixa do Partido Popular mentres dure ese proceso. “Será a Xustiza a que diga se se actuou correctamente ou non no Concello de Palas de Rei”, concluíu o presidente.

O alcalde de Palas de Rei esta acusado de prevaricación continuada e acoso laboral á secretaria-interventora do Concello, nunha causa na que hai acusados un total de 11 persoas, entre eles catro edís no momento dos feitos e o anterior rexedor, pola súa suposta participación nos feitos, ou ben de acoso laboral ou prevaricación.

A raíz da apertura de xuízo oral, o rexedor lucense avanzou que se dará de baixa no PP para defenderse ante a Xustiza. Ademais, o Partido Popular de Lugo comunicou que explorará a vía da suspensión temporal del e outros dous edís do Concello de Palas de Rei.

8 de abril de 2016 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.